Teléfono: +34 986 092 400      
 

Prefabricados Castelo constrúe vivendas unifamiliares illadas ou encostadas e edificios en altura. As nosas solucións adaptan un alto grao de prefabricación ás necesidades específicas de cada proxecto con gran flexibilidade, respectando tamén o uso do edificio, o deseño arquitectónico e os acabados prescritos. As terminacións dos cerramentos pódense realizar en liso, árido lavado, ladrillo, pedra vista ou texturizado

Prefabricados Castelo coordina todo o proceso desde o deseño até a finalización da montaxe da estrutura completa. A petición do cliente, tamén pode realizar a construción completa dos edificios incluíndo os acabados finais.

Edificación de vivendas unifamiliares. Edificios realizados con paneis portantes e forxados, adaptados a cada caso particular, que cumpren todos os requirimentos mecánicos, térmicos e acústicos requiridos polo Código Técnico da Edificación.

Edificios Residenciais e Aulas. Edificios preparados especialmente para o seu uso como centros residenciais de uso público ou de ensino.

Edificación de Internamento de Menores e Cárceres. Edificios adaptados aos requirimentos de seguridade e de instalacións especiais para o internamento de menores e adultos.


a