|
Prefabricados Castelo
constrúe viadutos, pontes, pasos inferiores, muros e obras de drenaxe para obras civís. Os nosos técnicos desenvolveron unha experiencia técnica de primeiro nivel capaz de abordar proxectos de pontes hiperestáticos de alta complexidade e xeraron patentes propias no proceso dos seus proxectos. Paralelamente, as nosas instalacións industriais permiten fabricar pezas de gran envergadura e complexidade para a construción de pontes prefabricadas.
Prefabricados Castelo
constrúe pontes e viadutos (vigas dobre T, artesas, caixón e monoviga) para grandes luces e cargas, para estrada ou ferrocarril de alta velocidade. A gran variedade de solucións abarca disposicións isostáticas e hiperestáticas, en voladizo, de canto variable e con pretensado extradorsal, que permiten chegar a resolver grandes luces.
Grandes Viaductos
Solucións isostáticas e hiperestáticas para pontes con grandes luces e cargas, para estrada e ferrocarril de alta velocidade.
Pasos Superiores
Solucións de pontes con cantos estritos ou canto variable, de tipo artesa ou monoviga; gran cantidade de elementos para pilas e dinteles coas formas máis variadas. O deseño procura en todo momento a integración na paisaxe ou o marco urbano no que se encadran.
Pasos Inferiores
Solucións de pontes sinxelas con cantos estritos e custo reducido. Normalmente incorporan vigas I ou bóvedas triarticuladas e inclúen frecuentemente muros e aletas para a embocadura.
Muros y estribos
Muros de aletas destinados á contención de terras ou conformar estribos de pontes. As posibilidades de acabado na cara vista van desde o formigón liso pintado, ao árido visto, texturas baixo pedido e chapados en ladrillo ou pedra natural.
|