|
Prefabricados Castelo
constrúe edificios para uso industrial, almacéns e centros loxísticos con solucións adaptadas a cada necesidade, mesmo cando se requiren grandes cargas e/ou luces. Cada proxecto realízase de acordo coas súas especificacións particulares tanto técnicas como arquitectónicas. Os cerramentos deséñanse e adaptan ás formas e acabados requiridos.
Prefabricados Castelo
constrúe edificios para uso comercial, con grandes cargas e/ou luces. Cando é necesario (varias alturas ou localización en zona de alta sismicidade) realízanse nós ríxidos.
Edificación Industrial
Edificios executados con pilares, vigas e forxados de tipología diversa con solucións particulares de fachada, con grandes luces si é necesario: alcanzamos vans de máis de 50 metros libres.
Centros Loxísticos
Edificios preparados especialmente como centros loxísticos, incluíndo a execución de cerramentos e peiraos de carga prefabricados.
Edificación Comercial
Edificios con solucións para grandes luces e/ou cargas, nós ríxidos para estruturas en varias plantas ou para zonas con alto grao de sismicidade.
|